Creado e dirixido por: Carolina Da Silva Candal, Roi Alexandre Sebio Puñal, Blanca Tejero Fernández, Alba Villar Vázquez, Sara Yáñez Soto.
Personaxes: Carolina Da Silva Candal, Roi Alexandre Sebio Puñal, Blanca Tejero Fernández, Alba Villar Vázquez, Sara Yáñez Soto, Barman
(Ábrese o pano e aparecen en escena Carolina e Roi sentados no medio do escenario nunha mesa de bar con tres cadeiras. Ó fondo unha barra, detrás dela o barman)
Carolina: - Roi estou moi enfadada, onte o grupo do meu curmán estreou Soño dunha noite de verán. E non fomos máis que os familiares e amigos, e para unha vez que nesta cidade non se fai teatro de colexio...
Roi: -Carol, que é o que agardas, un aforo cheo ata os topes? Que ilusa...
Carol: -Non me chames ilusa, que coma dixo Calderón, a vida e soño e os soños, soños son... En serio estou cansa de que Santiago estea empapelado con carteis de Teatro de la Abadía ou Animalario. Temos que facer algo.
Roi: (entre risas) –Pois coma non exterminemos ás grandes compañías e nos quedemos con tódalas subvencións...
(Aparece en escena Blanca xunto con Alba, dúas actrices dun grupo de tres ó cuarto, e apóianse na barra do bar)
Blanca: -Alba, ti cres que alguén se dará de conta de que maña actuamos en Cuntis?
Alba: Parece mentira Blanca, nin desexándonos toda a merda do mundo poderíamos encher cinco butacas.
Blanca: -O peor de todo é que coma sigamos así Sara non vai cobrar un can, e está ben facelo coma divertimento e porque é a nosa apaixón, pero ata o de agora creo que ninguén sobreviviu por amor ó arte.
Alba: -Podíamos escribir unha obra disto, en serio. Como se afunden os soños de quen ten ganas de soñar... parece mentira que o mundo xire e que o seu motor sexa un feixe de cartos.
Blanca: -Xa sei que o meu é ser pesimista, parece que o noso grupo vive na época romántica, todo gris, penurias, e nin un codelo de pan que levar á boca. Pero Alba, muller! Malo será que non atopemos algo que facer.
Alba: (con acenos de ironía) Si, unha revolución...
Continuará...
No hay comentarios:
Publicar un comentario